Cargando resultados...
Ribadeo é a segunda localidade do Cantábrico que máis turistas recibe por habitante
Ribadeo é a segunda localidade do Cantábrico que máis turistas recibe por habitante
Segundo os datos dun portal de alugueiros vacacionais, só a supera a vila asturiana de Llanes
A nivel nacional ocupa o posto corenta, cunha carga de seis visitantes por residente
G24.gal
18/08/2024 15:00
Última actualización 18/08/2024 16:59
As rúas do centro de Ribadeo están cheas de xente e mesmo a chuvia non é un impedimento para os visitantes. Ribadeo é a segunda localidade do Cantábrico que máis turistas recibe por habitante, só superada pola vila asturiana de Llanes.
A carga turística supera os seis visitantes por cada residente en Ribadeo, moi lonxe da saturación doutros enclaves. Son datos que proporciona un portal de alugueiros vacacionais segundo as cifras de ocupación hoteleira.
Razóns nunca faltan para achegarse a esta localidade.