Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribera asegura que o traspaso de costas ás Canarias é "exactamente o mesmo" que se fixo ás outras tres CCAA

Ribera asegura que o traspaso de costas ás Canarias é "exactamente o mesmo" que se fixo ás outras tres CCAA

O executivo canario solicitou unha comisión bilateral por discrepancias co Goberno central sobre as competencias

G24.gal 15/02/2024 14:46

Cataluña, Andalucía e Baleares asumiron estas competencias nos últimos anos tras modificar os seus estatutos. O traspaso ás Canarias está vixente dende xaneiro de 2023, pero o Executivo canario mantén discrepancias co Goberno central sobre as súas competencias, polo que solicitou unha comisión bilateral.

Teresa Ribera asegura que o traspaso das competencias de costas a Canarias se fixo igual que coas outras comunidades que xestionan o seu litoral: "O traspaso de costas a Canarias é exactamente o mesmo que fixemos con Cataluña, Andalucía e Baleares. Hai unha capacidade de xestión dos títulos de ocupación do dominio público do litoral que se transfire e hai unha serie de funcións propias da titularidade do dominio público que mantén o Estado".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade