Cargando resultados...
Ringleiras para mercar lotaría na administración do Porriño con máis tradición de premios
Ringleiras para mercar lotaría na administración do Porriño con máis tradición de premios
É o único despacho de España que vendeu o ano pasado décimos premiados co Gordo e co Neno
Leva repartido 18 grandes premios nos últimos 5 anos
G24.gal
05/01/2022 16:36
As ringleiras son continuas estes días e, sobre todo, hoxe, derradeiro día para mercar o Neno, ás portas da administración de lotaría O X da sorte do Porriño que sería o equivalente galego da Bruixa d'Or ou Doña Manolita. Estes días non hai descanso dende que abren ás 8.30.
Benjamín Martínez, da administración O X da Sorte do Porriño, conta: "Parece que hai un talismán aquí e levamos os últimos 5 anos dezaoito grandes premios, tanto de Nadal como do Neno. Agardamos repetir tamén este ano".
No último sorteo do Nadal repartiron dous cuartos e dous quintos premios, e na pasada lotaría do Neno venderon décimos do primeiro e do terceiro. Un bo reclamo que fai que merque aquí xente de todas as partes de España.
A ilusión da Lotaría enche a rúa porriñesa na que está a administración. Este xoves pola mañá esperan repetir brindes e saltos de alegría na rúa despois dun sorteo do Neno que, como o ano pasado, reparte 700 milllóns de euros en premios.