Cargando resultados...
Rodeiro, trampolín á Deputación de Pontevedra
Rodeiro, trampolín á Deputación de Pontevedra
O popular Luis López toma posesión como edil para chegar á presidencia da Deputación
G24.gal
17/06/2023 13:48
Última actualización 17/06/2023 15:03
A atención informativa tamén se dirixiu a un dos concellos máis pequenos da provincia de Pontevedra, Rodeiro.
O bastón de mando, que estaba en mans do PP, pasou aos socialistas, pero o protagonismo foi para un popular, Luis López.
O ata agora delegado provincial da Xunta en Pontevedra pechaba de forma simbólica a lista electoral do PP e os 16 compañeiros que o precedían renunciaron á súa acta para garantirlle un posto de edil, un movemento necesario para convertelo proximamente en presidente da Deputación de Pontevedra, en substitución da socialista Carmela Silva.