Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodrigo Conde pasa á final de dobre scull

Rodrigo Conde pasa á final de dobre scull

O padexeiro moañés e o seu compañeiro Aleix García finalizan en segundo lugar na súa semifinal

O xoves buscarán sumar un novo metal para a delegación española a partir das 11:30

Fonte: EFE
G24.gal 30/07/2024 11:54

Boas novas desde o Vaires-sur-Marne. A parella conformada por Aleix García e o galego Rodrigo Conde logrou clasificarse para a final olímpica de remo na modalidade de dobre scull masculina. Os padexeiros do equipo español conseguiron o segundo lugar na primeira semifinal, só por detrás de Países Baixos.

García e Conde lograron manter o ritmo durante toda a proba. Foron de menos a máis e firmaron un tempo de 6:14.91, un segundo por baixo do primeiro clasificado. Tras renunciar aos Xogos Olímpicos de Toquio, Rodrigo Conde chegaba a París nun bo momento de forma. Aleix García e mais el acaban de ser os vixentes subcampións de Europa e están a realizar unha boa actuación en augas francesas.

O remo galego estará expectante o xoves ás 11:30. Conde podería sumar a súa primeira medalla olímpica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade