Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodríguez Miranda di que o novo sistema de voto exterior ten garantías reforzadas

Rodríguez Miranda di que o novo sistema de voto exterior ten garantías reforzadas

O secretario xeral de Emigracións da Xunta avalía positivamente a derrogación do voto rogado para os residentes no exterior

G24.gal 23/09/2022 09:19

O secretario xeral de Emigracións da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, considera que o novo sistema de voto da "garantías reforzadas" contra a fraude, contra a opinión de partidos como o BNG ou ERC, que as consideran insuficientes. Miranda sinalou que "cando unha persoa mande por correo ao consulado a documentación ten que asinar detrás do certificado censual e ten que indicar o número de pasaporte ou DNI e acompañalo dunha fotocopia do documento".

Ademais, dixo, o novo sistema permite aumentar os lugares de voto presencial: "Non só se vai poder depositar o voto nos consulados, senón tamén nos consulados honorarios e mesmo poderían usarse dependencias de centros galegos ou de centros españois, ou doutras comunidades autónomas".

Nunha entrevista no Galicia por diante, Rodríguez Miranda falou tamén da próxima viaxe do presidente da Xunta á Arxentina e ao Uruguai : "Galicia ten 500.000 galegos no exterior, o presidente da Xunta non pode esquecelos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar