Rogelio Santos, pescador 'influencer': "O mariñeiro debería ser un protector do mar"
Rogelio Santos, pescador 'influencer': "O mariñeiro debería ser un protector do mar"
Este mariñeiro do Porto do Son fíxose viral cos seus vídeos divulgativos sobre a profesión e o coidado do medio mariño
Rogelio Santos é probablemente o mariñeiro máis popular de toda Galicia. Os seus vídeos divulgativos sobre o respecto e o coidado do medio mariño e a posta en valor da profesión están arrasando nas redes sociais.
Leva 25 anos dedicándose á pesca. Comparte barco co seu irmán maior e tamén a conciencia e o respecto polo medio mariño. E coa idea de poñer en valor a profesión, e concienciar sobre a necesidade de coidar o mar, comezou a gravar a publicar vídeos divulgativos mentres traballa, que se fixeron virais.
Vídeos sobre o respecto das vedas, amosando capturas extraordinarias como un peixe sapo de 20 quilos, ou outro dunha especie pouco coñecida, como o escorobellón, fixéronse virais. Rogelio acumula milleiros de seguidores nas redes, que aplauden o seu labor divulgativo.
O seu labor vai máis aló das redes sociais. Rogelio visita moitos colexios, onde tamén intenta crear conciencia entre os máis novos sobre o respecto polo mar e a profesión de mariñeiro.