Roger Escoruela reforza a defensa da S. D. Compostela
Roger Escoruela reforza a defensa da S. D. Compostela
Coincidiu con Míchel Alonso a pasada tempada na S. D. Formentera, polo que ambos se coñecen moi ben
Roger Escoruela é novo xogador da S. D. Compostela. O lateral esquerdo catalán, cunha ampla experiencia na Segunda División B, reforza a zaga branca e azul para a segunda volta do campionato. Chega procedente do Cerdanyola F. C., tamén da Segunda RFEF, e firma ata final de tempada.
Escoruela é un lateral contrastado na categoría, cunha ampla traxectoria futbolística aos seus 27 anos. Formado nas categorías inferiores do Español e do Vilarreal, como sénior, pasou polas filas do Gavá, Real Unión, C. D. Vitoria, UE Sant Andreu, UE Olot, AE Prat, S. D. Formentera e Cerdanyola F. C.
Precisamente, na S. D Formentera, a pasada tempada, coincidiu con Míchel Alonso, polo que ambos se coñecen moi ben. Baixo as ordes do técnico compostelanista, o defensor era un fixo no once ata que caeu lesionado de gravidade. En total, disputou dez encontros de liga.
Xa totalmente recuperado da súa lesión, fichou polo Cerdanyola del Vallés, conxunto no que neste primeiro tramo da campaña 23.24 disputou 16 encontros, todos eles coma titular, para un total de 1.326 minutos de competición.
Por tanto, Roger Escoruela chega a Compostela en plena forma e preparado para poder debutar cando o corpo técnico o desexe. Nesta liña, incorporarase xa mañá aos adestramentos da S. D. Compostela.