Chantada celebra a romaría da Virxe do Monte Faro
Chantada celebra a romaría da Virxe do Monte Faro
Este sábado os romeiros levarán a súa Virxe para que pase o inverno ao abrigo da igrexa de Requeixo
Desde a súa ermida no cumio, os fieis da Virxe do Monte Faro teñen á vista as catro provincias galegas.
A imaxe leva desde onte no seu santuario, ao que a subiron os devotos en procesión desde a igrexa de Requeixo. Por ese camiño soben hoxe os que lle queren pedir ou agradecer algo a unha santa que eles coñecen como a Filla.
A pé, descalzos ou de xeonllos, segundo a fe e as posibilidades de cadaquén.
Esta mañá aos romeiros acompañounos o sol, aínda que a seca non é o mellor para os que soben de xeonllos.
Esta romaría, é unha cita clásica da fin do verán en Galicia, e haberá misas durante todo día.
E mañá os romeiros volverán baixar polo camiño do monte Faro á súa Virxe para que pase o inverno ao abrigo da igrexa de Requeixo.