Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rompe a pasarela peonil do río Belelle, en Neda

Rompe a pasarela peonil do río Belelle, en Neda

A estrutura permanecía acordoada por motivos de seguridade desde este luns pola mañá

G24.gal 21/05/2024 15:53

A pasarela peonil sobre o río Belelle, situada na zona de Subarreiros, en Neda (A Coruña), rompeu na noite deste luns ao martes.

Segundo o Concello de Neda, a estrutura de madeira permanecía pechada desde a mañá deste luns, despois de que se detectase o agravamento dos defectos que sufría a construción.

Tras recibir varios avisos, a administración local cortou de inmediato o acceso á ponte peonil para previr danos persoais.

A construción, de 24 metros de longo por 2,5 metros de ancho, foi inaugurada a finais do 2014. Construíuse con madeira laminada e encolada de piñeiral. Os problemas con estes materiais fixéronse evidentes en poucos anos.

A rotura da pasarela obriga agora os camiñantes e visitantes que queiran chegar desde o paseo marítimo ata o centro urbano a desviarse cara á igrexa de Santa María.

O Concello anunciou que iniciará en breve a redacción dun novo proxecto para volver conectar as dúas beiras do Belelle. Adianta, con todo, que se cambiará a estrutura, apostando por materiais máis duradeiros e seguros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade