Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rosalía actuará o 29 de xullo no Coliseum da Coruña

Rosalía actuará o 29 de xullo no Coliseum da Coruña

As entradas sairán á venda na súa páxina web este venres, 22 de abril, ás 10.00 da mañá

Este concerto forma parte da súa xira mundial 'Motomami World Tour'

Rosalía, en concerto Rosalía, en concerto
G24.gal 18/04/2022 17:32

 O vindeiro 6 de xullo comeza a xira mundial de Rosalía 'Motomami World Tour'. A artista catalá dará 46 concertos en 15 países. O primeiro escenario da xira será Almería. En España pasará tamén por Sevilla, Málaga, Valencia, Madrid, Barcelona, Bilbao, A Coruña e Palma de Mallorca. Na Coruña actuará o día 29 de xullo no Coliseo.

As entradas sairán á venda na súa web este venres 22 de abril ás 10 da mañá.

No continente americano, Rosalía dará concertos en México, O Brasil, A Arxentina, Chile, Colombia, República Dominicana, Porto Rico e O Canadá. En Estados Unidos fará paradas nunha decena de cidades, como Boston, Washington, San Francisco, e Atlanta; con dobre recital no Radio City Music Hall de Nova York e o Youtube Theater de Los Ángeles.

Finalmente, xa nos últimos meses do ano, regresará a Europa, onde percorrerá Portugal, Italia, Alemaña, Países Baixos, Bélxica e Reino Unido ata pechar o percorrido en París, o 18 de decembro.

As expectativas polos concertos da catalá son altas, grazas ao bo recibimento que tivo o seu 'Motomami', un álbum de carácter experimental que está a bater récords e en que aborda desde o reguetón clásico, ao flamenco, boleros, o verbo rápido das rapeiras estadounidenses ou os interludios jazzísticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade