Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban 170 plantas ornamentais de Nadal en Ourense

Rouban 170 plantas ornamentais de Nadal en Ourense

G24.gal 30/12/2021 12:24

En Ourense, o último roubo do que temos noticia ten un valor monetario bastante inferior, pero resulta cando menos curioso. Os ladróns marcharon con 170 plantas ornamentais, propias do Nadal, que o Concello colocara na rúa do Paseo e na Praza Maior durante estas datas.

O material furtado xa foi reposto. O seu valor roza os 2.000 euros. Dende a Concellería de Medio Ambiente fan un chamamento á poboación para denunciar este tipo de actos incívicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade