Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban 50 tapas de sumidoiro en Mos cun valor que roza os tres mil euros

Rouban 50 tapas de sumidoiro en Mos cun valor que roza os tres mil euros

Os ladróns actuaron durante tres noites en catro zonas distintas

Ademais das tapas de pluviais e saneamento, subtraeron reixas das quenllas dunha empresa

G24.gal 26/03/2024 21:05 Última actualización 26/03/2024 21:32

Sempre houbo roubos de tapas de sumidoiros, pezas codiciadas polos vendedores de ferralla. Pero non é habitual tantos en tan pouco tempo. Este de Mos ocorreu en apenas tres noites, e en catro zonas distintas, Sanguiñeda, Torroso, Peinador e Os valos.

"Foi entre os días 20, 21 e 22, e levaron as tapas dos sumidoiros de pluviais, fecais e augas residuais", sinala Camilo Grandal, tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras en Mos.

"Teñen levado algunha tapa, pero 50 dunha soa vez, nunca nos pasou", asegura o alcalde.

Non só actuaron nos camiños, onde levaron as tapas de sumidoiros de augas pluviais ou de saneamento. Tamén lles interesaron as reixas das quenllas na entrada desta fábrica, na estrada do aeroporto. Aquí as cámaras puideron gravar varios individuos, que ían encapuchados, e a furgoneta na que transportaron o material. A garda civil trata agora de identificalos.

"As sospeitas é que venden o material aos compradores de chatarra, pero non temos máis datos sobre os autores", di Grandal. 

Para eviar accidentes, axiña interviron os efectivos municipais e repuxeron as tapas subtraídas. Xa non queda ningún burato descuberto. O roubo supón arredor de tres mil euros de gasto para o erario público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade