Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban 60 metros de valado metálico nunha ONG de Cabana de Bergantiños

Rouban 60 metros de valado metálico nunha ONG de Cabana de Bergantiños

Repoñer o roubado podería custar máis de dous mil euros e desde a asociación agardan que o seguro cubra os danos

G24.gal 13/03/2024 14:36

Sesenta metros de valado tipo Hércules, ese foi o botín que levaron os ladróns das instalacións de Íntegro; unha asociación sen ánimo de lucro de Nantón, en Cabana de Bergantiños, que axuda persoas con diversidade funcional. Os cacos empregaron unha serra radial para cortar as abrazadeiras que suxeitaban o valo.

Adolfo López, presidente de Íntegro, di que "en total foron 27 tramos de valado de dous metros e medio de ancho por un e medio de alto". Cre que non o roubaron para vender. Apunta a que o roubou "un particular para utilizalo na súa leira".

As instalacións contan con cámaras de seguridade pero a noite do roubo, o venres pasado, deixaron de funcionar, non sen antes captar un vehículo sospeitoso na zona.

Adolfo López di que o coche era un Fiat Stilo oscuro e que "no interior había un home".

Repoñer o valado podería custar máis de dous mil euros. Dende Íntegro agardan que o seguro cubra os danos.

Noelia Barreira, directora de Íntegro, asegura que "se o seguro non se fai cargo sería un problema para nós". Di que todos os recursos que teñen "están destinados aos 47 rapaces con diversidade funcional" que atenden no centro.

Axentes da Garda Civil do posto de Ponteceso abriron unha investigación para dar co autor ou autores do roubo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade