Deixan un coche apoiado en caixas tras roubarlle as rodas en Pontevedra
Deixan un coche apoiado en caixas tras roubarlle as rodas en Pontevedra
O coche estaba aparcado no barrio de Valdecorvos e é a segunda vez que un vehículo da mesma marca e modelo aparece sen rodas e apoiado en caixas de plástico
Aparcou o seu coche na praza das Regas, en Pontevedra, o luns, e cando foi collelo, o martes á mañá, encontrouse coa evidencia de que non podía movelo do sitio. Así o fotografou; chea de rabia a propietaria, denunciou o feito.
A imaxe sorprendeu e fixo deterse aos transeúntes por esta zona, como Eric: "Eu baixaba co can sobre as dez da mañá e pareceume curioso cando vin un coche sen as catro rodas e con catro caixas de Estrella postas como soporte. Dixen que raro, supoño que isto pasaría pola madrugada. Pareceume bastante curioso".
Á dona do coche o roubo das rodas alteroulle a rutina matinal do martes. Veciños do barrio de Valdecorvos din que con frecuencia se encontran falcatruadas en turismos e furgonetas que dormen aquí. Explican que a zona queda na escuridade.
"Escasea iluminación e escasea seguridade e vixilancia. É a segunda vez. Na parte posterior tamén roubaron catro rodas" afirma José Ignacio, residente neste barrio pontevedrés, lembra que meses atrás outro coche, tamén Seat Ibiza, apareceu en situación similar. Como o desta ocasión: sen rodas e apoiado en caixas plásticas usadas para o transporte de botellas de cervexa. Todo apunta a que alguén se dedica a roubar rodas completas por encargo aproveitando que a escuridade da noite lle permite afrontar a tarefa coa tranquilidade.