Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban en cuestión de minutos máis de 10.000 euros en tabaco nun estanco de Ordes

Rouban en cuestión de minutos máis de 10.000 euros en tabaco nun estanco de Ordes

Os ladróns entraron tras esnafrar o coche contra a reixa e a porta de cristal

Os estragos causados andan polos 10.000 euros

G24.gal 21/08/2023 20:45 Última actualización 21/08/2023 21:03

A berros tratou de escorrentar os ladróns un veciño do estanco atracado de madrugada. El espertou cando os cacos esnafraron o coche contra a reixa e a porta de cristal.

Mentres a propietaria, recibía o aviso da activación da alarma, e vía no móbil o roubo en directo, como tres individuos coa cara cuberta asaltaban o seu negocio. Chegou rápido ao estanco pero xa non estaban, roubaron nun abrir e pechar de ollos.

Cartos non había, a dona detrás das cámaras evitou dar cifras concretas pero si confirmou que levaron máis de dez mil euros en tabaco e habería que sumar outros tantos en estragos. A porta de cristal quedou feita cachiños e a reixa tamén necesita reparación.

A Garda Civil ten aberta unha investigación. Está á espera de recibir as imaxes das cámaras de seguridade. Uns vídeos que poden ser determinantes para dar cos ladróns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade