Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban na ermida de Chamorro causando máis estragos que botín

Rouban na ermida de Chamorro causando máis estragos que botín

Os delincuentes só puideron levar menos de 50 euros, pero danaron varias portas e boetas 

G24.gal 14/04/2023 14:13

En Ferrol, a ermida de Chamorro volve ser obxectivo dos ladróns. Despois de que hai menos dun ano roubaran as xoias da Virxe da Nosa Señora do Nordés, na noite do mércores, os delincuentes asaltaron o templo. Os autores do roubo causaron máis estragos que o botín adquirido, pois só puideron levar uns 50 euros.

Unha zona solitaria e sen casas arredor; algo que os ladróns aproveitan para roubar nesta ermida, a de Chamorro, en Ferrol. O último foi o mércores á noite. 

A persoa encargada do coidado da ermida decatouse onte pola mañá de que a porta de entrada estaba forzada e a pechadura rota. Chamou a policía para denunciar e á tarde a Científica xa estaba a recoller mostras que axuden a esclarecer o roubo.

Sospeitan que os autores viñan polas recadacións acadadas este luns de Pascua, pois celebraron aquí a súa tradicional romaría. Con todo, tan só puideron levar entre 40 e 50 euros da venda de candeas. Si os estragos causados foron maiores que o botín.

Á espera dos resultados das mostras recollidas, a Policía Nacional mantén aberta a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade