Roubo nunha igrexa da Merca: esnaquizan a porta e levan 40 euros e o viño para misar
Roubo nunha igrexa da Merca: esnaquizan a porta e levan 40 euros e o viño para misar
Danaron tres sepulturas, unha delas do ano 1909 e coa cruz de ferro abriron a porta
Un veciño atopou o lampadario forzado nunha pista de terra
Tamén roubaron unha vestimenta antiga para a eucaristía
Coas pedras da xardineira doutra sepultura e coa cruz de ferro golpearon a porta da igrexa de Santa María de Entrambosríos ata esnaquizala.
Foi un veciño que paseaba por unha pista de terra afastada xa da igrexa o que atopou tirado o lampadario forzado.
Por seguridade retiraron os santos de máis valor. Ademais dos importantes danos materiais na porta e nas sepulturas que causaron no interior da igrexa levaron unha vestimenta antiga para a celebración da Eucarístía, 40 euros, outros catro ou cinco do lampadario e ata roubaron un litro de viño para misar.
O párroco da Merca xa puxo unha denuncia perante a Garda Civil, e busca os autores deste roubo.
O seguro do templo xa se está facendo cargo do arranxo da porta, para así poderen pechar a igrexa.