Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roupa e calzado usados que se empregan como material de construción en mobles e vivendas

Roupa e calzado usados que se empregan como material de construción en mobles e vivendas

O proceso comeza na nave que Insertega ten en Arteixo coa recollida selectiva de residuos téxtiles

G24.gal 17/07/2024 21:59

Unha antiga vivenda rehabilitada para uso turístico en Fisterra. A simple vista nada novo, pero aquí teitos e paredes están feitos con restos de roupa, cintos, bolsos e mesmo zapatos.

O proceso comeza na nave que Insertega ten en Arteixo coa recollida selectiva de residuos téxtiles. O que non se pode volver usar e tampouco vale para facer fío acaba por ser material de revestimento ou mobiliario.

"Temos coiro procedente dos bolsos e dos cintos. É residuo de corte e con el facemos un revestimento para paredes combinado con polipropileno, que, neste caso, é o material co que se fan as máscaras. Tamén temos legin, que son os vaqueiros triturados. É un tecido que se fai e co que podemos facer tamén revestimentos para teitos, paredes, mobiliario onde podemos observar as fías", explica Juan Meijide, xerente de Insertega.

Un novo material desenvolvido a partir dun residuo que lle dá unha segunda vida á roupa e calzado usados. "Temos un proceso totalmente circular e sostible. É importante, tamén, que traballamos cun residuo de proximidade. Pode ser incluso dos propios veciños de Fisterra porque temos os colectores de reciclaxe téxtil instalados aquí tamén", engade Juan Meijide.  

E reducindo á súa vez o impacto da actividade construtiva grazas ao uso de materiais máis sostibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade