Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rubén Fernández quere volver competir no mes de agosto

Rubén Fernández quere volver competir no mes de agosto

O vigués recupérase en Portugal e quere disputar as sete últimas probas do mundial

G24.gal 14/05/2024 12:24 Última actualización 14/05/2024 12:30

En Lugo non participou na proba do Mundial de Motocrós o vigués Rubén Fernández, a outra representación galega na máxima categoría. Rubén Fernández segue co proceso de recuperación da lesión sufrida en marzo no Gran Premio da Arxentina, a proba inaugural do ano, unha rotura de ligamentos.

O piloto do Honda estivo, en todo caso, no circuíto Jorge Prado, e compartiu a cita cos afeccionados. Sitúa a súa volta no mes de agosto.

"O regreso é incerto, é unha lesión longa. Teremos que ir valorando pero en agosto quero estar correndo".

Rubén Fernández recupérase en Portugal e quere disputar as sete últimas probas do mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar