Rubiales pide acceder ás contas embargadas
Rubiales pide acceder ás contas embargadas
Apunta que precisa os cartos para pagar as pensións das súas tres fillas, a súa vivenda en Granada, o seguro médico da súa nai ou viaxes mensuais á República Dominicana por negocios
Luis Rubiales comprou un Porsche dúas semanas antes de que se producisen os rexistros na súa casa e nas instalacións da Federacións Española de Fútbol. A factura dun Macan branco do ano 2016, polo que pagou preto de 36.000 euros estaba na casa de Luis Rubiales na República Dominicana. Atopárono no rexistro que fixeron á vivenda a Garda Civil xunto coas autoridades dominicanas o pasado 1 de abril.
A documentación xa consta no sumario do caso que leva o xulgado de Majadahonda, que investiga presuntas irregularidades nos contratos da Real Federación Española de Fútbol cando Rubiales era presidente. Na casa, de dúas plantas, os investigadores tamén atoparon catro Iphone, dous do propio Rubiales e outro do seu amigo Francisco Javier Martín, coñecido como Nene, e tamén investigado.
Ademais, na casa atoparon un reloxo marca Rolex e documentación variada. Esta mesma semana Rubiales pediulle á xuíza que lle permita usar unha das súas contas embargadas e o Mercedes que ten bloqueado. Apunta que precisa os cartos para pagar as pensións das súas tres fillas, a súa vivenda en Granada, o seguro médico da súa nai ou viaxes mensuais á República Dominicana por negocios.
Un exasesor xurídico da Federación, que tamén está investigado, puxo en dúbida a validez dalgunhas probas e considera nulas as resolucións da xuíza.