Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda amósase optimista e agarda que Galicia sexa "exemplo de participación"

Rueda amósase optimista e agarda que Galicia sexa "exemplo de participación"

O dirixente do PP galego agarda que esta xornada electoral "se desenvolva coa normalidade coa que empezou"

G24.gal 18/02/2024 12:31 Última actualización 18/02/2024 13:12

O candidato do PPdeG á presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou ter "sensacións moi positivas" para as eleccións deste domingo e subliñou que "sería unha magnífica noticia" que houbese unha alta participación.

Tras exercer o seu dereito ao voto no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, afirmou que lle gustaría que houbese "unha alta participación" porque iso significaría que os galegos son conscientes de que "se decide o futuro de Galicia".

O dirixente do PP galego agarda que esta xornada electoral "se desenvolva coa normalidade coa que empezou", xa que apuntou que "hai moita xente pendente de nós en Galicia e fóra dela", polo que "temos que dar exemplo de participación e normalidade".

"Que Galicia siga sendo Galicia e que a xente vaia votar con normalidade, con liberdade e con sentidiño, que é como hai que participar".

Á pregunta de se está nervioso pola posibilidade de perder a maioría absoluta, dixo que vive estas eleccións "con optimismo por obter un magnífico resultado" e que comparte estas mesmas sensacións co líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Rueda acudiu a votar acompañado polas súas fillas, que aseguraron estar a vivir unhas eleccións "moi emocionantes" porque "é a primeira vez que votamos a papá directamente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade