Rueda abre as portas de Galicia aos emigrantes galegos en Liechtenstein

Díxolles que teñen as portas de Galicia abertas para volver e que contan con ofertas laborais, axudas ao emprendemento ou bolsas de estudos

G24.gal 29/10/2023 15:21

O presidente da Xunta Alfonso Rueda díxolles aos emigrantes galegos en Liechtenstein que teñen as portas de Galicia abertas para volver e que contan con ofertas laborais, axudas ao emprendemento ou bolsas de estudos.

O xefe do Goberno galego viaxou alí para inaugurar hai uns minutos o Centro Español que agrupa 170 membros, dos que 160 son galegos.

A ministra de Asuntos Exteriores do principado de Liechtenstein Dominique Hasler acompaña o Presidente Rueda na inauguración do Centro Español Apóstol Santiago.

A Xunta axudou para que a emigración galega dispoña desta sede. Aquí e en Xenebra, o presidente da Xunta subliña o papel dos centros galegos na conservación e difusión da cultura galega, pero sen esquecer por iso as axudas da Estratexia Retorna para aqueles que queiran volver a Galicia.

O presidente continúa viaxe esta tarde a Zürich para verse cunha agrupación da mocidade galega en Suíza e coa Asociación Cultural As Xeitosiñas, fundada hai xa 42 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade