Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda comprométese a facilitar o acceso á vivenda ás persoas sen fogar

Rueda comprométese a facilitar o acceso á vivenda ás persoas sen fogar

O presidente da Xunta comunicoulle á EAPN a súa intención de aprobar un programa de acompañamento no acceso á vivenda para as persoas sen fogar

O presidente da Xunta reuniuse coa directiva da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) en Galicia (Foto: Xunta de Galicia) O presidente da Xunta reuniuse coa directiva da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) en Galicia (Foto: Xunta de Galicia)
G24.gal 18/03/2023 12:39 Última actualización 18/03/2023 12:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeuse coa Rede contra a Pobreza a lanzar un novo programa de acceso a vivenda para persoas sen fogar. Indicouno tras reunirse esta semana coa directiva da Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN) en Galicia. O xefe do executivo galego avanzoulles as próximas liñas de actuación do seu Goberno, como un novo programa de acompañamento no acceso á vivenda para persoas sen fogar.

O obxectivo, segundo o executivo autonómico, é situar o ámbito residencial "no centro" dos procesos de inclusión social e implicar distintos departamentos para ofrecerlles todos os servizos e prestacións que lles corresponden.

O presidente da Xunta tamén lles explicou que a Administración autonómica traballa para modificar a Lei de inclusión social de Galicia, coa finalidade de reducir a burocracia na adaptación da renda de inclusión social de Galicia (Risga) ao ingreso mínimo vital (IMV) e evitar prexudicar os seus beneficiarios.

Neste contexto, Rueda lamentou as "constantes modificacións" realizadas polo Goberno central con respecto á normativa estatal e a "falta de coordinación" coas comunidades autónomas para que os trámites e os requirimentos non dificulten o cobro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade