Rueda di que as Illas Atlánticas son un exemplo de "bo turismo"
Rueda di que as Illas Atlánticas son un exemplo de "bo turismo"
O Parque Nacional que forman as Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada cumpre 20 anos
Sen tráfico rodado, con refuxios para aves e reserva de flora autóctona e restos arqueolóxicos a carón de praias paradisíacas, as Illas Atlánticas son un destino turístico único, declarado Parque Nacional hai agora 20 anos co reto de facer compatible a actividade económica coa preservación do seu patrimonio natural.
De coidalo tamén se encargan os mozos do campamento da Xunta que durante o verán farán traballos de conservación nas Ons.
Con eles estivo o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, que di que as Illas Atlánticas con un exemplo de turismo sostible.
"Imos seguir traballando e investindo 6 millóns de euros para facer as melloras necesarias; no caso de Ons avanzar na súa autosuficiencia enerxética, depuración das augas, melloras dos camiños para que sexa un exemplo do bo turismo, sostible e respectuoso cos que aquí sempre viviron", afirmou o presidente da Xunta.
Ata xuño visitaron Ons, as Cíes, Sálvora e Cortegada 109.500 persoas, cifras que xa están a niveis de antes da pandemia.