Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda esixe que o Goberno inclúa Galicia na rede europea de hidróxeno verde

Rueda esixe que o Goberno inclúa Galicia na rede europea de hidróxeno verde

O Goberno central vai presentar en Bruxelas o proxecto de infraestruturas que inclúe a rede de hidróxeno verde

700 empresas, UXT, Comisións Obreiras, os principais portos de Galicia, as universidades e a Xunta asinaron esta mañá integrarse na que chaman Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde

Foto de familia da constitución da alianza industrial galega para o hidróxeno verde, este mércores
G24.gal 21/12/2022 14:54

O Goberno central exclúe Galicia da rede europea de hidróxeno verde no proxecto de infraestruturas que vai presentar en Bruxelas.

O presidente da Xunta denuncia que, en só 24 horas, o Goberno pasou de citar Galicia como locomotora da transición enerxética a convertela nunha illa para o hidróxeno verde.

Alfonso Rueda falou na constitución esta mañá da alianza industrial galega para o hidróxeno verde.

700 empresas, UXT, Comisións Obreiras, os principais portos, as universidades, a Xunta, todos asinaron integrarse na que chaman Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde. E todos coinciden en que Galicia teno todo para ser líder en España e Europa desta enerxía limpa. Todo menos as conexións dos hidrodutos con Portugal e o resto de España.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia:

"E isto é unha realidade, que se nos deixa fóra do corredor do hidróxeno e que esa conexión Guitiriz-Zamora pois non existe e, polo tanto, convértese a Galicia, que 24 horas antes era o exemplo de transición enerxética en hidróxeno verde, nunha illa enerxética que é todo o contrario do que se necesita para liderar este sector. Polo tanto eu espero sinceramente e tendemos a man para que se rectifique esta infraestrutura fundamental para o presente e o futuro máis inmediato".

Di o presidente que a colaboración público-privada e todo o traballo feito ata chegar a esta alianza industrial poden converter Galicia no referente internacional do hidróxeno verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade