Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda pide que se revogue "canto antes" a "decisión inxusta" de Bruxelas

Rueda pide que se revogue "canto antes" a "decisión inxusta" de Bruxelas

Agarda unidade en Galicia para "seguir presionando" ante as autoridades comunitarias

G24.gal 08/10/2022 13:37 Última actualización 08/10/2022 14:00

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reclama que se revogue "canto antes" a norma europea que limita a pesca de fondo. Considera que se trata dunha "decisión inxusta" e agarda unidade en Galicia para "seguir presionando" en Bruxelas. 

A normativa entra en vigor este domingo notablemente suavizada despois de que a Comisión Europea permitira a pesca de arrastre en profundidades que van dos 0 aos 400 metros nas 87 áreas do Atlántico afectadas.

"Hai que seguir todos unidos. Isto é unha loita que acaba de empezar", expresou ao remate dun acto este sábado en Santiago.

Ao seu parecer, o recurso do Goberno "tíñase que presentar pedindo a suspensión", pero como non se fixo así, "vai levar a que o domingo haxa que saír de moitos caladoiros". "Oxalá que cando se resolva, sexa satisfactoriamente", valorou.

"Todos unidos, isto non pode ser unha cuestión de ningún partido político nin ningunha administración, senón de toda a sociedade galega, que ten a pesca como unha fonte de riqueza fundamental" 

Segundo o presidente, "somos os primeiros interesados en que os nosos recursos pesqueiros, que levan sendo explotados moitos anos, sigan sendo sostibles".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade