Cargando resultados...
Rueda reivindica a defensa e o respecto pola Constitución
Rueda reivindica a defensa e o respecto pola Constitución
Asiste por primeira vez como presidente da Xunta ao acto
Rueda asegurou que asistiu en representación do sentir maioritario dos galegos
G24.gal
06/12/2022 13:13
Alfonso Rueda asistiu por primeira vez como presidente da Xunta a este acto institucional de celebración dos 44 anos da Constitución. Rueda reinvidicou a importancia da Carta Magna e asegurou que as catro décadas de democracia en España foron posibles grazas a ela.
O presidente galego afirmou que asistiu en representación do sentir maioritario dos galegos e para defender a Constitución fronte aos que se desmarcan dela.