Rueda reivindica en Zürich as medidas de apoio da Xunta para facilitar o retorno dos galegos no exterior

A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno ofrece información e orientación

G24.gal 29/10/2023 18:46

O presidente da Xunta Alfonso Rueda destacou este domingo que a Xunta está a reforzar as medidas de apoio para facilitar o retorno dos galegos e galegas do exterior que desexen regresar a Galicia en calquera etapa vital, desde a mocidade ata máis aló da xubilación.

Durante un encontro coa colectividade galega no centro da asociación As Xeitosiñas en Zürich, Rueda resaltou que o Goberno autonómico dá apoios aos centros e asociacións galegas repartidos polo mundo para a realización de actividades e promover a cultura e lingua propia, pero tamén conta cunha serie de axudas para facilitar o retorno dos que apostan por volver á súa terra.

Nesta liña, segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, fixo fincapé na Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, en que as persoas emigrantes reciben información e orientación sobre todo o proceso para a súa volta.

Sobre isto, Rueda subliñou que a administración autonómica acaba de ampliar os servizos deste centro cunha área de información tributaria para os que residen no exterior e os que regresan a Galicia.

Ademais, puxo en valor que a Xunta tamén conta con axudas específicas para mellorar a inserción laboral dos retornados e ofrece bolsas para que a mocidade galega do exterior poida especializarse na comunidade autónoma. En concreto, o Goberno galego conta este ano con 358 axudas para que mozas e mozos que residen fóra de Galicia regresen para cursar un máster ou estudos de FP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade