Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda reúnese o sábado con Enagás para reclamar garantías sobre o hidroduto Guitiriz-Zamora

Rueda reúnese o sábado con Enagás para reclamar garantías sobre o hidroduto Guitiriz-Zamora

A Xunta deu un "consentimento condicionado" á operación e terá "o visto e prace definitivo" se se garanten os investimentos previstos na comunidade

G24.gal 02/03/2023 18:24

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ten previsto reunirse este sábado en Santiago de Compostela co director executivo de Enagás, Arturo Gonzalo, para falar do acordo asinado con Reganosa e pedir garantías sobre un futuro hidroduto para conectar a Galicia coas redes europeas.

Segundo explicou Rueda, despois do Consello da Xunta, o Goberno galego deu un "consentimento condicionado" a esta operación e en función da resposta que reciba o sábado dará "o visto e prace definitivo" se se garanten os investimentos previstos na comunidade.

Rueda dixo que o acordo debe de ser ratificado pola xunta xeral de accionistas da gasística Reganosa e engadiu que a Xunta "non o ratificará a non ser que Enagás adquira unha serie de compromisos" sobre unha conexión a unha futura rede de transporte de hidróxeno.

Na súa reunión co directivo de Enagás, Rueda prevé expor directamente os compromisos que a Xunta necesita. Estes pasan por que Galicia non quede illada do hidroduto.

Enagás comunicou esta semana a adquisición da rede de 130 quilómetros de gasodutos de Reganosa por un importe de 54 millóns de euros e a promoción dun hidroduto para transportar hidróxeno líquido entre Guitiriz (Lugo) e Zamora, nun acordo que inclúe a compra por parte de Reganosa dun 25% da planta de regasificación de El Musel (Xixón) por 95 millóns de euros.

O presidente galego cre que se trata dun "bo acordo" se vale para "garantir" a potenciación de producir hidróxeno que "teña redes de distribución suficientes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade