Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda, peregrino en bici, di que "Galicia está de moda" pola afluencia internacional

Rueda, peregrino en bici, di que "Galicia está de moda" pola afluencia internacional

O mandatario autonómico fixo parada en Caldas no seu percorrido desde Portugal

O presidente da Xunta está convencido de que o Xacobeo suporá o 2 % do PIB de Galicia este ano

G24.gal 25/06/2022 16:07

Do éxito do Camiño portugués a Santiago este segundo ano santo consecutivo poden dar fe as cifras de afluencia de peregrinos. E por esta ruta pedaleou este sábado o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, canda outros integrantes da Administración autonómica.

Nesta etapa en bicicleta para promocionar esta ruta fixo parada en Caldas, onde lles deron a benvida o alcalde e outros membros da corporación municipal. Tras un café, Rueda canda os seus acompañantes subiron ás bicis para seguir o camiño cara a Santiago.

Rueda comezou o traxecto en Povoa de Varzim, en Portugal, tras o remate do consello da Xunta. Teñen a intención de chegar ata Santiago como mínimo e ver se son capaces de ir máis alá e chegar a Fisterra o domingo.

O presidente da Xunta animou os visitantes a probar a facer o camiño en bicicleta, xa que, asegurou, é seguro e é san. A Xunta aspira a que a finais de ano as peregrinacións supoñan case dous puntos do produto interior bruto de Galicia, e cre que se avanza nesa dirección.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar