Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rufina, unha portorriqueña de 95 anos facendo o Camiño por quinta vez

Rufina, unha portorriqueña de 95 anos facendo o Camiño por quinta vez

Este venres completa no Obradoiro a que está a ser a súa segunda andaina pola ruta portuguesa en dez anos

Rufina Rodríguez fixo un alto no camiño para atendernos este xoves en Casalderrique, na parroquia caldense de Carracedo
G24.gal 14/09/2023 14:04

Conta Rufina que este é o seu quinto Camiño a Santiago. O primeiro, cando tiña 85 anos, e dez anos despois, repetindo pola vía portuguesa en plan volta ao inicio e tamén para visitar un matrimonio de Pontevedra que coñeceu camiñando. Aínda que o reencontro só foi posible en parte porque, "desgraciadamente, el morreu hai dous anos", quéixase Rufina.

Este venres á tarde chega ao Obradoiro rematando unha andaina que empezou en Tui o domingo pasado. Cando aínda estaba por Caldas xa amosaba a súa enorme felicidade ao manifestar:

"Estou... estou co corazón inchado de tanta tensión e de tanto cariño recibido de todas as persoas".

Acompáñaa nesta ruta xacobea unha filla dentro dun grupo de 31 persoas procedentes de Porto Rico. O organizador das viaxes, Ricardo Gontalvo, gaba a fortaleza de Rufina tras viaxar con ela a Galicia desde  2013:

"Desde o primeiro día ata a próxima etapa, o seguinte camiño e o próximo ano... foi a máis. Esta é unha supermuller".

E Rufina asegura que tanto camiñar lle axuda para manter unha saúde boa.

"Entusiameime tanto que agora onde din Camiño eu quero estar", di a peregrina.

Ante esta veteranía de vitalidade xorde a curiosidade polo avituallamento da camiñada, e é enton cando lembra o seu descubrimento duna feitura de cervexa hai dez anos para celebrar a fin de etapa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade