Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rutas guiadas para avistar aves polas areeiras de Sandiás

Rutas guiadas para avistar aves polas areeiras de Sandiás

Na antiga lagoa de Antela aniña unha gran variedade de especies 

G24.gal 15/10/2023 14:51 Última actualización 15/10/2023 17:28

A Asociación das Amigas das Cegoñas organiza rutas guiadas pola antiga Lagoa de Antela. O obxectivo é avistar a gran variedade de aves que habitan na zona.

O mergullón cristado é unha das aves residente na Limia. Tamén asoma a cabeza por estas augas a garza, o corvo mariño ou o mergullón pequeno pero este domingo a meteoroloxía non acompaña e semella unha aventura complicada.

A xente que participa na ruta marcha sen ver as avefrías, tamén chamadas choromicas polo seu curioso canto. A Limia é a única zona de Galicia na que crían. As invernantes non chegaron porque en outubro aínda fixo calor.

O cambio climático tamén lle afecta á cegoña, que é estival. Antes, dicía o dito popular, polo San Bras a cegoña verás, agora para o mes que vén comezarán a chegar á Limia xa as primeiras, que marchan tamén antes.

Nas pozas que quedan tras a extracción de áridos en Sandiás teñen os seus niños. O rexurdir destas zonas húmidas fai que se estean a recuperar algunhas das aves que desapareceran co desecamento da lagoa de Antela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade