Ryanair aposta polos destinos de sol e praia dende o aeroporto de Santiago
Ryanair aposta polos destinos de sol e praia dende o aeroporto de Santiago
Para o próximo verán aumenta as frecuencias semanais con 5 destinos e ofrece 100.000 prazas máis con respecto a 2023
Ryanair, a compañía de baixo custo líder no aeroporto Rosalía de Castro, aposta polos destinos de sol e praia para o próximo verán dende a terminal compostelá. Reduce de 25 a 20 o número de operacións con rspecto a 2023, pero vaino compensar co aumento no número de asentos.
Serán cen mil prazas máis que o verán pasado, ao aumentar as frecuencias semanais con Barcelona, Málaga, Lanzarote e Dublín. "Paréceme moi ben, fan ben, a ver hai que facturar"; "A min persoalmente, eu si que proxecto viaxes máis destino como praias porque os dous surfeamos"; "A min paréceme ben porque aquí supoño que chove bastante e vai frío, entón á xente seguro que lle interesa", opinan os pasaxeiros.
Pola contra, algún pasaxeiro opina que non hai que centrase só nos destinos de praia. "E tamén non só centrarse no verán e na costa..., que ás veces no interior tamén se pasa ben", di un pasaxeiro.
E que a aeroliña irlandesa non vai recuperar cinco dos destinos que suprimiu no inverno: Edimburgo, París, Bordeos, Marsella e Xirona. A suba das taxas aeroportuarias poderían estar detrás desta medida.