Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sabotan o campo do Barbadás en pleno campionato de fútbol base

Sabotan o campo do Barbadás en pleno campionato de fútbol base

Os vándalos desfixeron as redes de 11 das 12 porterías das que dispón o club

A sabotaxe puxo en perigo as finais da Copa Deputación de fútbol base

 

G24.gal 18/06/2024 13:47

Os vándalos entraron por un dos laterais do campo de fútbol. Foi contra as catro da mañá, segundo confirma a cámara do polideportivo contiguo. As imaxes que captou xa están a disposición da Garda Civil.

Pablo Campelo García, coordinador das escolas deportivas de Barbadás: "Entraron con lanternas de móbil e comezaron a desfacer as porterías. Un arrimouse á zona do polideportivo, pero ía con capucha e máscara".

Romperon as redes de 11 das 12 porterías que hai entre os dous campos dos Carrís, en que se ían disputar as finais da Copa Deputación de Fútbol Base.

"O maior problema é que ese día viñan nenos de 6 a 11 anos, que seguramente non durmiran esa noite, e os árbitros ían suspender porque non se pode xogar ao fútbol sen porterías", lamenta Pablo.

Descubriron o que pasara ás oito e media da mañá e puxéronse mans á obra. Afortunadamente, tiñan redes de reposto. "E puxémonos a substituílas. Ás nove e media tiñamos as catro redes substituídas", explica o coordinador das escolas deportivas.

Sabotaxe

Están convencidos de que foi unha sabotaxe, porque non roubaron nada, malia a que o tiñan fácil. Ata o vestiario quedara aberto.

"O bar estaba cheo de cousas, porque había partidos e non entraron. Viñeron facer o que viñeron facer, nada máis". "Unha sabotaxe total, alguén que non quería que se fixeran aquí as finais, porque non é normal que corten todas as redes. Pensaron que non iamos ter reposto, pero fastidiáronse", comentan dous traballadores do club.

Tamén selaron con silicona a porta de acceso do público, como xa ten ocorrido, ao parecer, noutros campos da provincia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade