Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sae da UCI a vítima da agresión do Orzán

Sae da UCI a vítima da agresión do Orzán

Os catro implicados xa están na cadea

Están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, en función da evolución da vítima

G24.gal 22/04/2024 14:53

Unha veciña gravou o momento da brutal agresión desde a ventá da súa casa. "Eu o que vin foi que o mozo xa estaba derrubado e ceibábase con el. Primeiro deulle unhas cantas coiteladas, foi para atrás e volveu aínda con máis forza. Deulle varias patadas na cabeza e moitas máis coiteladas. O mozo xa estaba sobre un charco de sangue enorme. Dérono por morto. É certo que eu adiviñaba unha cara de satisfacción no agresor", explica a veciña que gravou o vídeo.

Cando o agresor había outras tres persoas. "Esas tres persoas non o agrediron. Pero tampouco fixeron nada por deter o agresor", engade a testemuña.

Os catro foron detidos, pouco despois, preto do lugar. Onte á mañá pasaban a disposición xudicial. O suposto autor das catorce coitelas entrou no xulgado de garda sen deixar de sorrirlles ás cámaras en ningún momento.

A maxistrada decretou para os catro prisión provisional, comunicada e sen fianza. Están investigadas por un delito de tentativa de asasinato ou consumado, dependendo da evolución da vítima. Porén, segundo o último parte médico, xa saíu de Coidados Intensivos, agora está ingresado en planta e evoluciona favorablemente.

Con esta son tres as agresións no Orzán nas últimas tres semanas. Os veciños consideran que o único xeito de frear a violencia nas rúas é incrementando a presenza policial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade