Sae do estaleiro vigués de ARMON o primeiro transbordador libre de emisións
Sae do estaleiro vigués de ARMON o primeiro transbordador libre de emisións
Esta barco cubrirá a ruta Eivissa-Formentera e terá unha capacidade para uns 390 pasaxeiros
Tamén conta con 240 metros lineais de carga para transportes de mercadorías, vehículos e camións
Este transbordador convértese así no buque de menos consumo e emisións da compañía Baleària
Será entregado a finais de maio do ano que vén
O Cap de Barbaria é un transbordador que cubrirá a ruta Eivisa-Formentera. Un buque de pasaxe e carga realizado nos estaleiros de ARMON en Vigo, o lugar elixido para levar a cabo a súa botadura, nun acto cargado de emotividade.
O transbordador abre o camiño a un medio de transporte máis sustentable e repectuoso co medio ambiente, cunha navegación libre de emisións nas zonas de entrada e saída aos portos e unha autonomía de doce horas.
O Cap de Barbaria tivo unha madriña moi especial, a atleta de Formentera Andrea Romero.
O obxectivo de Balearia é o de levar a cabo unha experiencia piloto no uso do hidróxeno verde que este transbordador xa está preparado para poder instalar.
Este barco, que tocou auga por primeira vez en Vigo, supón un paso moi importante para lograr a descarbonización no mar. Entrará en funcionamento en maio do ano que vén.