Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salvamento Marítimo presenta a súa embarcación máis moderna, fabricada en Burela

Salvamento Marítimo presenta a súa embarcación máis moderna, fabricada en Burela

Entre os seus principais obxectivos estará o auxilio a persoas migrantes en augas canarias ou do Mediterráneo

O Guardamar Urania, fabricado por un estaleiro de Burela, conta cos sistemas de salvamento máis avanzados
G24.gal 12/09/2023 14:13

O porto de Burela acolleu a posta de longo da nova embarcación de Salvamento Marítimo. Construída totalmente en aluminio por un estaleiro desta localidade luguesa, a Guardamar Urania incorpora os medios máis modernos en navegación e tamén en sistemas de busca e salvamento. 

Non vai ter unha localización fixa, e vaise desprazar polas costas españolas en función das necesidades. Entre os seus principais obxectivos estará o auxilio a persoas migrantes en augas canarias ou do Mediterráneo.

Por iso, a nova embarcación incorpora unha zona de rescate a nivel do mar para facilitar a recollida de náufragos, ademais dun espazo con enfermería e especialmente preparado para atendelos.

No estaleiro subliñan que a Guardamar Urania, con corenta metros de eslora e case 1.500 millas de autonomía, é un modelo que se pode exportar. Este estaleiro astur-galaico construíu xa máis de trinta embarcacións para Salvamento Marítimo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade