Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sálvanlle a vida a un cliente dunha churrería tras sufrir un infarto

Sálvanlle a vida a un cliente dunha churrería tras sufrir un infarto

Reanimárono "tal e como vimos nas películas"

Nin o dono nin a camareira do local teñen coñecementos médicos

G24.gal 24/06/2024 14:47

Un home entra nunha churrería do barrio coruñés de Elviña coa súa muller para almorzar e, ao pouco, esvaece sobre a mesa. O propietario do negocio e unha camareira actuaron con moita rapidez.

"Estou convencido de que cando o collín estaba morto. Estaba morado, cos beizos brancos e totalmente inconsciente", explica Óscar Núñez, o propietario da churrería Núñez.

E malia que nin Óscar nin a súa compañeira teñen coñecementos médicos, tiraron de intuición e puxéronse mans á obra.

"Eu como en House... Cando vin que non tiña nada na mesa, xa me din conta de que era un infarto. Agarreino por detrás, dinlle uns cantos golpes no peito e, ao cuarto, xa notei que recuperaba, e ata a cor normal", engade Óscar.

Tras lograr reanimalo, ao pouco chegou unha ambulancia e xa foi atendido polo persoal sanitario. Estabilizárono e dixéronlle que tiña que ser trasladado ao CHUAC. Porén o home, que xa se atopaba ben, preferiu non ir. A ambulancia marchou e, en cuestión de minutos, volveu sufrir un segundo infarto.

"Tivo que volver a ambulancia e xa o levou. A min envioume unha mensaxe moi emotiva", di Óscar.

A vítima segue ingresada no CHUAC. Porén segundo lle comunicaron os seus a Óscar, podería recibir a alta médica este martes ou mércores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade