Publicador de contidos
Publicador de contidos

San Cristovo de Cea volveu celebrar a festa de exaltación do seu pan

San Cristovo de Cea volveu celebrar a festa de exaltación do seu pan

Trece fornos artesanais manteñen vivo o xeito tradicional de cocer o pan

Despacharon máis de 2.000 pezas esta fin de semana

G24.gal 03/07/2022 20:52 Última actualización 03/07/2022 21:14

Despois de dous anos suspendida pola pandemia, San Cristovo de Cea volveu celebrar a festa de exaltación dun dos pans con máis sona de Galicia. 

“Falan moi ben del, din que é moi saboroso pola súa miga. Imos probalo", comenta un visitante.

Ademais da calidade dos ingredientes, o máis importante é o tempo de elaboración, segundo comentan as panadeiras de Cea.

“Nós temos o trigo en grao, levámolo ao muíño de auga e peneirámolo nós, e iso axuda ao sabor e á conservación”.

"Mantense sempre a maneira de facelo, son sete horas unha fornada e só temos como maquinaria a amasadora, o resto é todo a man”.

Trece fornos manteñen vivo este xeito tradicional de facer o pan, que se transmite de xeración en xeración.

“Entre pais, fillos, netos... é un proceso que gusta, é un traballo máxico pero tamén moi laborioso”.

No Consello Regulador din que a produción de pan de Cea vai en aumento, un 3 % nos últimos dous anos. Esta fin de semana de festa despacharon máis de 2.000 pezas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade