Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen rastro dos tres desaparecidos polo temporal en Madrid e Toledo

Sen rastro dos tres desaparecidos polo temporal en Madrid e Toledo

A gran cantidade de material arrastrado pola enchente está a dificultar o traballo dos rescatadores

G24.gal 06/09/2023 13:50

Por terceira xornada consecutiva continúa en Madrid e Toledo a busca das tres persoas desaparecida durante o temporal.

A gran cantidade de material arrastrado pola enchente está a dificultar o traballo dos rescatadores.

A gran cantidade de restos de árbores, pedras e lodo acumulados no leito do río Alberche supón un reto maior para os equipos de rescate que buscan o home arrastrado pola enchente na localidade madrileña de Aldea del Fresno.

Nas últimas horas e coa axuda de maquinaria conseguiron desenterrar o coche que conducía para comprobar se o desaparecido quedara baixo o vehículo. Viaxaba coa muller e os dous fillos, pero estes sobreviviron.

"Despois de case sete horas de traballo, con diferentes máquinas, pas e demais conseguiuse sacar o coche e de momento non estaba".

Da veciña vila de Villamanta falta outro veciño, un home de 83 anos arrastrado pola tromba de auga nas proximidades da súa vivenda.
Tres días despois aínda non apareceu.

"Os bombeiros da Comunidade de Madrid van ampliar a zona de busca desde a ponte da Pedrera ata a ponte da M-510 e tamén van buscar desde o cámping dos Rodríguez ata o río para arriba".

Tampouco apareceu a muller sorprendida pola tormenta cando circulaba no seu vehículo por unha estrada local do concello toledano de Valmojado.

Máis sorte tivo outra muller rescatada pola Garda Civil, despois de que o seu vehículo fora arrastrado pola enchente en Mocejón, preto da capital castelá manchega. Puido ser localizada grazas a que comunicou a súa posición a través do móbil.

Na provincia de Toledo o temporal causou a morte de tres homes en Casarrubios, Bargas e Camarena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade