Sánchez aposta por reforzar o autogoberno en Cataluña e abrir un tempo novo
Sánchez aposta por reforzar o autogoberno en Cataluña e abrir un tempo novo
O presidente viaxa a Barcelona para apoiar o candidato do PSC
Salvador Illa quere pasar páxina do procés e servir e unir os cataláns
O presidente do Goberno aposta por reforzar o autogoberno en Cataluña para abrir un tempo novo e xestionar os servizos públicos para todos os cataláns. Pedro Sánchez viaxou a Barcelona para clausurar o Congreso do PSC e apoiar o candidato socialista nas eleccións autonómicas do 12 de maio.
Nesta ultima xornada, o presidente do Goberno mostrouse convencido de que Salvador Illa será o próximo presidente da Generalitat porque ten un proxecto claro para Cataluña, dixo, fronte á destrución e polarización da dereita.
"Non hai nada máis antipatriota que defraudar a Facenda (...) O rancor e o desquite van ter moitas siglas coas que se van presentar o próximo 12 de maio pero a convivencia só vai ter unha que é o PSC".
Os socialistas apostan por pasar páxina e reforzar o autogoberno.
"Reforzar o autogoberno para construír desalgadoras e facer fronte á seca e para uns servizos públicos de calidade e asegúroche, Salvador, que desde o goberno de España imos axudarche".
O candidato socialista comprometeuse a xestionar os servizos públicos e a traballar pola unión dos cataláns tras o fracaso dos anos do procés.
"A Cataluña que quere pasar páxina pide paso""Isto non funcionou, Cataluña ten que volver ás cousas, unir e servir".