Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade alcanza un acordo cos colexios médicos para aplicar o sistema de citas nos centros de saúde

Sanidade alcanza un acordo cos colexios médicos para aplicar o sistema de citas nos centros de saúde

Cada centro de saúde, a través do seu xefe de servizo, decidirá como utiliza o programa informático

G24.gal 30/05/2024 14:59

O Colexio Médico levaba meses opoñéndose ao último sistema de cita nos centros de saúde. O novo conselleiro de Sanidade comprometérase a desatascar o conflito, e conseguiuno. Xa hai acordo. Finalmente vaise aplicar o sistema que deseñara o Sergas, pero con algúns cambios que pedían os doutores.  

Cada centro de saúde, a través do seu xefe de servizo, decidirá como utiliza o programa informático de xestión de citas da Atención Primaria. É o acordo que alcanzron a consellería de Sanidade e os colexios médicos para pechar o conflito sobre o uso do sistema XIDE. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade