Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade investiga as causas dos vómitos dunha trintena de cativos nun colexio de Ames

Sanidade investiga as causas dos vómitos dunha trintena de cativos nun colexio de Ames

Segundo Saúde Pública, hai 31 nenos afectados, aínda que a ANPA eleva a cifra a preto dos 90

Ademais da hipótese da intoxicación alimentaria, non se desbota que se trate dun virus

G24.gal 17/05/2024 21:57

A Consellería de Sanidade investiga as causas dunha posible intoxicación nun colexio de Ventín, no concello de Ames. 

Segundo Saúde Pública, hai 31 nenos afectados, aínda que a ANPA eleva a cifra a preto dos 90, todos de entre 6 e 12 anos. Presentan cadros de vómitos e diarreas, con algún caso de febre baixa. Ningún deles precisou hospitalización.

Un técnico de Sanidade recolleu esta tarde mostras no comedor da escola e tamén no centro de Agro do Muíño, onde se elaboran os menús. Ademais da hipótese da intoxicación alimentaria, non se desbota que se trate dun virus.

Sanidade investiga as causas dos vómitos dunha trintena de cativos nun colexio e Ames.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade