Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade lanza unha campaña por SMS para vacinarse fronte ao herpes zóster e o pneumococo

Sanidade lanza unha campaña por SMS para vacinarse fronte ao herpes zóster e o pneumococo

As mensaxes chegarán ao móbil desde o luns á poboación susceptible de recibir estas vacinas

G24.gal 11/06/2023 09:46

Sanidade lanza unha campaña por mensaxe SMS dirixida á poboación susceptible de vacinarse fronte ao herpes zóster ou o pneumococo.

Dende este luns 12 de xuño os centros de saúde comezarán a administrar a nova vacina contra o pneumococo de maneira sistemática para as persoas de 65 anos así como para as persoas de dezaoito anos en adiante con condicións de risco.

Ademais, poderán recibir tamén a vacina fronte ao herpes zóster as persoas que fagan este ano 65 ou 80 anos e que así o soliciten.

Para favorecer que as persoas que reúnen estas condicións as coñezan, e ademais facilitar o acceso á información dispoñible sobre estas infeccións, a poboación diana recibirá unha comunicación por SMS de parte da Consellería de Sanidade.

Tamén poderán solicitar a súa cita polas canles habituais no seu centro sanitario, e recibir as vacinas que lles correspondan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade