Sanidade propón volver ao uso obigatorio da máscara nos centros de saúde
Sanidade propón volver ao uso obigatorio da máscara nos centros de saúde
Os expertos prevén o pico de casos de gripe para a segunda quincena de xaneiro
Nas últimas semanas a Xunta de Galicia viña recomendando o seu uso
"Teño a miña cuñada na UCI xustamente pola gripe A, e moi mal. Entrou na UCI e aí segue. Creo que o tema da máscara nos centros sanitarios si que sería bo".
A incidencia da gripe segue en ascenso en Galicia a pesar de que nas últimas horas baixou algo o número de ingresos. Pero aínda é cedo para saber se o descenso se consolida ou se haberá unha nova repunta nos próximos días.
Os expertos prevén o pico de contaxios para a segunda quincena de xaneiro e cada vez son máis os que reclaman o uso obrigatorio das máscaras nos centros de sanitarios e asistenciais.
"Eu vin hoxe catro veces con xente para urxencias porque están todos coa gripe. Aínda manteño a pantalla, que axuda bastante, e a máscara habería que volvela usar".
"Si que a usei e paréceme ben que se volva usar".
A Xunta viña recomendando o seu uso, pero a partir deste luns podería impoñela. A primeira hora da mañá está previsto que se reúna o Consello Interterritorial de Saúde, en que a ministra de Sanidade vai propoñer ás comunidades autónomas que sexa obrigatorio usar a máscara mentres non baixen os contaxios de gripe e outros virus respiratorios. Cataluña, Murcia e Valencia xa se adiantaron e tomaron a decisión a semana pasada.
A Organización Mundial da Saúde estima que o 75 por cento dos maiores de 60 anos debería estar vacinado contra a gripe, pero asegura que en España esa porcentaxe non chega ao 60 por cento. En Galicia, a campaña ampliouse desde o 31 de decembro ata o próximo venres, 12 de xaneiro.