Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade recomenda non consumir a auga da traída en trece parroquias de Castro de Rei

Sanidade recomenda non consumir a auga da traída en trece parroquias de Castro de Rei

Non é potable debido a que os niveis de arsénico exceden o máximo permitido

Félix Aragunde 30/08/2024 13:30

Máis da metade das parroquias de Castro de Rei non disporán de auga potable durante os días vindeiros. Así o recomenda Sanidade, tras detectar na traída un nivel de arsénico superior ao máximo permitido.

Ademais de trece parroquias deste municipio chairego, tamén quedou sen auga potable o núcleo principal, que é esta vila de Castro de Ribeiras de Lea. Como resultado, a traída non debe ser empregada nin para beber nin para cociñar.

No lugar da auga da billa, os veciños deberán recorrer á da fonte, á do pozo ou á embotellada. De feito, xa están a aprovisionarse nas tendas para dispoñer dela durante a fin de semana.

De resolverse axiña o problema, espérase que nas parroquias afectadas a auga da traída volva ser potable a partir do luns vindeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar