Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade elimina as corentenas dos positivos asintomáticos en Covid-19

Sanidade elimina as corentenas dos positivos asintomáticos en Covid-19

Será o persoal sanitario o que decida impoñelas aos contaxiados segundo o nivel de risco das persoas

G24.gal 22/03/2022 19:03

A Comisión de Saúde Pública aprobou este martes a nova Estratexia de Vixilancia e Control fronte á Covid-19, que elimina as corentenas dos positivos asintomáticos en Covid-19 a partir do próximo luns.

A medida entrará en vigor o 27 de marzo, un paso máis cara á gripalización do coronavirus. As corentenas só serán obrigatorias para a poboación vulnerable e será o persoal sanitario o que decida impoñelas aos contaxiados segundo o nivel de risco das persoas.

Lembramos que a incidencia covid baixou lixeiramente tras a tendencia ascendente que comezou hai dúas semanas, e que este martes se sitúa en 436,54 casos por cada 100.000 habitantes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade