Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abascal foi reelixido presidente de Vox sen necesidade de votación

Abascal foi reelixido presidente de Vox sen necesidade de votación

O catalán Ignacio Garriga sae reforzado e convértese en vicepresidente único e secretario xeral da formación

Santiago Abascal no acto público deste sábado. EFE/Chema Moya Santiago Abascal no acto público deste sábado. EFE/Chema Moya
G24.gal 27/01/2024 12:36 Última actualización 27/01/2024 14:27

Santiago Abascal foi reelixido este sábado presidente de Vox por cuarta vez sen necesidade de votación. De feito, a asemblea xeral extraordinaria do partido foi moi breve e o líder da formación repite no posto por aclamación ao non haber unha candidatura alternativa.

O catalán Ignacio Garriga sae reforzado e convértese en vicepresidente único e secretario xeral. Na nova executiva continuarán os tres vicepresidentes anteriores, Javier Ortega Smith, Jorge Buxadé e Reyes Romero, pero rebaixados á categoría de vogais. 

No novo Comité Executivo Nacional (CEN), o máximo órgano de dirección do partido, tamén destaca a entrada dos catro vicepresidentes autonómicos que ten Vox e os responsables do partido no Congreso dos Deputados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade