Publicador de contidos
Publicador de contidos

Santiago, capital europea de mobilidade aérea urbana

Santiago, capital europea de mobilidade aérea urbana

Aerotaxis e drons de repartición son o futuro da mobilidade urbana

Diferentes tipos de drons sobrevoan o ceo da cidade para poñer a proba o tráfico aéreo do futuro
 

Aerotaxi do futuro
G24.gal 28/09/2022 15:06

Ver aerotaxis, drons de transporte de mercadorías, de emerxencias ou de vixilancia policial sobrevoando o ceo das cidades é máis presente que futuro. A tecnoloxía xa está desenvolvida, agora queda por perfilar todo o marco normativo.

"Xa temos esta tecnoloxía probada, demostrada en moitos países do mundo. Agora estamos traballando coas autoridades sobre a parte da regulación para que sexa unha realidade para os cidadáns do mundo", explica Victoria Jing Xiang, CEO en Europa da empresa líder mundial en fabricación de aeronaves.

Europa traballa a marchas forzadas a través dun proxecto en que participa o Instituto Tecnolóxico de Galicia, e que en Santiago desenvolve a fase final de probas.

 "Unha proba de tráfico aéreo de drons que será a de maior complexidade que se teña feito en Europa ao combinar drons lixeiros, aerotaxis e tráfico tripulado", conta Carlos Calvo, director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia.

"Ese en concreto é o proxecto AMU-LED en que participamos 17 entidades, a maioría europeas pero mesmo temos algunha americana e de Asia e o obxectivo do proxecto é esas grandes demostracións, en concreto lévanse a cabo 3 e a demostración en España liderámola nós dende o Instituto Tecnolóxico de Galicia e trouxémola para Santiago, por suposto", apunta Jorge Seoane Brandaríz, responsable de I+D de drons do ITG.

Tamén se presentou como van ser os futuros centros de xestión de operacións con drons, das cidades do futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade